Presentamos un sistema construtivo en madeira, modulado e á vez flexible, que permite resolver de forma eficiente tanto estrutura como cerramentos exteriores e a relación entre ambos os dous.
A prefabricación de boa parte dos compoñentes do sieteymedio deixa para a obra unicamente labores de montaxe, o que permite mellorar sustancialmente os prazos de execución. O sistema admite a singularización e personalización dos acabados, de tal forma que o aspecto final e o prezo da obra se axustarán ás necesidades do cliente.
Aínda que a súa configuración e dimensións se estudaron para asegurar a súa eficacia en vivendas unifamiliares, as súas dimensións fano idóneo en diferentes usos que ademáis poderían ser doadamente variados ao longo da vida útil da construción.
Para o desenvolvemento do proxecto nas súas distintas fases (ensaio, prototipo, fabricación, garantías) contamos coa colaboración de distintos organismos e axentes ligados á universidade, a empresa e a administración pública.
arquitectura modular prefabricada
construción ecolóxica
casa pasiva
arquitectura sostible
casa de madeira
construción prefabricada
arquitectura bioclimática
casa ecolóxica
premontaxe en taller
eco friendly