ARKBSISTEMAS
Versátil Montaxe En madeira Flexible Eficiente Garantido Contacto Versátil

Versatilidade de usos

As características xerais de deseño do sieteymedio permiten adecualo para a construción de edificios con diferentes usos en diversas condicións climáticas. A súa particular dimensión, en torno a sete metros e medio, sen ningún elemento que interrompa o espazo interior (estrutura ou tabiques) pensouse para unha vivenda de tamaño medio pero adáptase moi ben a outros moitos usos, cunha simple modificación da tabiquería interior ou eliminándoa.

 

Segundo o uso de cada edificación, tanto os materiais finais como os tratamentos da obra poderán variar para adaptarse ás necesidades (tanto de uso como de orzamento) de cada cliente.

Vivendas unifamiliares

Axustamos as dimensións do pórtico que conforma a estrutura para que, nunha escala de vivenda intermedia, proporcione un equilibrio dimensional que permita minimizar o consumo enerxético ao longo de toda a vida útil do edificio. Este equilibrio ven determinado fundamentalmente polo factor forma, que basicamente relaciona o cerramento exterior exposto e o volume interior a acondicionar.

Sieteymedio é un sistema modulado, aberto na súa concepción, que admite composicións diferentes, así como distintas configuracións en planta que permitan a súa adaptación a diferentes usos.

Rúa de San Pedro 94, 2º. 15703 Santiago de Compostela. A Coruña. España // tlf. +34 981 57 50 52 // arquitectos@arrokabe.com // www.arrokabe.com
TAGS

flexibilidade de usos

optimización do espazo interior

adaptable a diferentes usos

arquitectura configurable

adaptable

 

vivenda unifamiliar

albergues

cabana rural

gardería

sala de exposicións

bar-restaurante