ARKBSISTEMAS
Montaxe En madeira Flexible Eficiente Versátil Garantido Contacto Montaxe

Prefabricación    e montaxe

O pórtico estrutural que serve de base ao sieteymedio desenvolveuse coa colaboración de PEMADE (Plataforma de ingeniería de la madera estructural de la Universidad de Santiago de Compostela) para a súa supervisión e testeo mediante ensaios normalizados.

 

Os diferentes elementos que conforman a estrutura e os cerramentos fabrícanse en taller utilizando pezas cortadas por control numérico e en condicións de temperatura e humidade axeitadas garantindo así unha maior precisión e unha redución dos prazos de fabricación.

 

Estudamos as dimensións de cada un dos elementos que resultan do proceso para evitar o uso de transporte especial. Os elementos de cada un dos pórticos únense en obra formando un conxunto estable no seu plano, mentres que os módulos de cerramento rixidizan o conxunto na dirección perpendicular. Isto deriva nunha montaxe rápida e precisa, acortando notablemente o tempo de execución.

Rúa de San Pedro 94, 2º. 15703 Santiago de Compostela. A Coruña. España // tlf. +34 981 57 50 52 // arquitectos@arrokabe.com // www.arrokabe.com
TAGS

arquitectura modular

construción prefabricada

premontaxe en taller

rapidez e precisión

 

arquitectura modular en madeira

arquitectura configurable

ensaios estruturais