ARKBSISTEMAS
Flexible Montaxe En madeira Eficiente Versátil Garantido Contacto Flexible

Modulado e á

vez flexible

Sieteymedio é sistema modulado, aberto dende a súa concepción, que admite composicións diferentes e  conta cun ancho libre considerable sen tabiquería intermedia, o que ademáis permite crear grandes espazos, ampliables, sen interrupción de elementos estruturais. Non obstante contémplanse solucións con diferentes configuracións en planta compatibles co crecemento lonxitudinal. Todas estas características abren diferentes posibilidades de adaptación e personalización. A imaxe final das diferentes edificacións baséase en pautas de deseño derivadas de boas prácticas construtivas impostas polo propio material e recollidas en diversas tradicións construtivas testadas polo paso do tempo.

 

 

 

 

3

3

2

1

A presentación é a dunha estrutura con certas dimensións fixas cuxa seriación 1 resolve as trazas da composición xeral das fachadas lonxitudinais. O cerramento de fachada, cego ou de ocos 2, fíxase á mesma mediante a disposición de entrepanos que teñen a misión de resolver tanto o acabado exterior como o arriostramento lonxitudinal entre pórticos. Como os testeiros 3 quedan liberados de calquera tipo de función dende un punto de vista estrutural, a composición dos ocos das fachadas non está condicionado por elementos fixos.

 

A imaxe final das diferentes edificacións baséase en pautas de deseño derivadas de boas prácticas construtivas impostas polo propio material e da adaptación á ubicación e necesidades concretas.

2

Rúa de San Pedro 94, 2º. 15703 Santiago de Compostela. A Coruña. España // tlf. +34 981 57 50 52 // arquitectos@arrokabe.com // www.arrokabe.com
TAGS

módulos prefabricados

arquitectura modular

construción prefabricada

módulos de madeira

 

arquitectura flexible

arquitectura modular en madeira

arquitectura configurable

customizados