ARKBSISTEMAS
En madeira Montaxe Flexible Eficiente Versátil Garantido Contacto En madeira

En

madeira

Nos vindeiros anos estaremos obrigados como sociedade a construir máis e mellor en madeira. As vantaxes da utilización da madeira son moitas e variadas. De entrada no proceso de construción, ao tratarse dun material renovable e/ou reciclable ao 100%, xa está garantindo unha alta eficiencia enerxética. Ademáis, a día de hoxe, a industria de produtos para a construción derivados da madeira é un dos campos nos que a investigación está producindo un maior desenvolvemento tecnolóxico, con avances que permiten mellorar as prestacións do material e que abren un importante abano de novas aplicacións baixo a perspectiva da preservación medioambiental.  Polo tanto o mercado da madeira ofrece unha grande cantidade de produtos que ben seleccionados e combinados melloran as prestacións habituais e incorporan de forma sinxela boa parte dos parámetros que definen unha construción ecolóxica.

 

 

 

 

 

O axuste do prezo final non ven dunha diminución da calidade senón a través da redución dos custos determinada polo desenvolvemento de sistemas que permiten sacar o máximo partido do material.

Esta versatilidade complétase coa posibilidade da utilización de produtos e materiais de proximidade (en especial especies de madeira) reducindo ao mínimo a pegada de carbono.

 

Para iso é necesario utilizar técnicas e materiais axeitados, na que o axuste no prezo final non veña dunha diminución da calidade senón a través dunha redución de custos determinada polo desenvolvemento de sistemas que permitan sacar o máximo partido do material.

 

Structure

Madeira laminada

Castiñeiro laminado

Eucalipto laminado

Abeto laminado

Taboleiros de madeira

OSB

Superpan

Carpinterías

Perfís laminados para carpinterías

Castiñeiro

Eucalipto

Iroko

Revestimentos

Madeira maciza

Castiñeiro natural

Eucalipto

Taboleiro de partículas de madeira e cemento prensado

*Sieteymedio proxectouse e dimensionouse utilizando estes materiais, aínda que admite a utilización doutros de características similares para as diferentes partes que o compoñen.

Rúa de San Pedro 94, 2º. 15703 Santiago de Compostela. A Coruña. España // tlf. +34 981 57 50 52 // arquitectos@arrokabe.com // www.arrokabe.com
TAGS

 

casas en madeira

arquitectura en madeira

materiais de proximidade

tipos de madeira

 

arquitectura modular en madeira

casas prefabricadas de calidade