ARKBSISTEMAS
Eficiente Montaxe En madeira Flexible Versátil Garantido Contacto Eficiente

Eficiencia enerxética

 

A inclusión de elementos a modo de accesorios ou complementos (xunto con estratexias de deseño sinxelas baseadas nunha construcción low-tech que poden mellorar de forma pasiva o funcionamento enerxético do edificio) garanten un maior confort cun menor consumo enerxético e, polo tanto, cun mínimo custo de mantemento.

 

No caso das edificacións acondicionadas termicamente, resolvemos o illamento de forma continua polo interior, o que permite evitar as pontes térmicas mesmo nos climas coas condicións de temperatura e humidade máis extremas.

 

As características xerais de deseño do sieteymedio permiten adecualo para a construción de edificios con diferentes usos en distintas condicións climáticas.

 

Cámara de aire

Mediante unha dobre cámara de aire conseguimos que o rendemento enerxético sexa máximo, xa que se optimizan as condicións de uso do illamento térmico e se xera unha masa de aire a unha temperatura intermedia entre a interior e a exterior, o que nos permitiría reducir o salto térmico a salvar pola maquinaria de acondicionamento.

Illamento térmico

O illamento térmico é continuo pola cara interior, o que permite tanto maximizar as súas prestacións como evitar as pontes térmicas que puideran xerar pérdidas enerxéticas.

Rúa de San Pedro 94, 2º. 15703 Santiago de Compostela. A Coruña. España // tlf. +34 981 57 50 52 // arquitectos@arrokabe.com // www.arrokabe.com
TAGS

eficiencia enerxética

estándares enerxéticos

casa pasiva

redución pegada de carbono

eco friendly

 

arquitectura  bioclimática

arquitectura sostible

aforro enerxético

low-tech

construción precisa e eficiente